Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tramitación das axudas Auto+ para cambiar de coche bota a andar con dificultades

A tramitación das axudas Auto+ para cambiar de coche bota a andar con dificultades

O aluvión de solicitudes colapsou a web estatal de tramitación das axudas do plan que substitúe o MOVES

As subvencións outórganse en función do tipo de vehículo e do lugar de fabricación porque premia a produción europea
G24.gal 11/08/2026 15:01

Tramitar o novo Plan Auto+, o substituto do Moves non é pan comido. Xa non se solicita a través das comunidades autónomas, senón que hai un único portal web estatal mediante o Sistema Telemático de Xestión. Na primeira semana xa colapsou.

"Ben, abriuse o prazo para tramitar as axudas o día 4, pois o día 4 estabamos todos ahí agardando e e colapsou a páxina, é certo", recoñece Pedro Pérez Ferranz, director de vendas de Skoda.

Solucionado este atranco inicial, hai queixas polas dificultades para facer a tramitación porque só poden facela os usuarios de vehículos incluídos na Listaxe Branca publicada polo Goberno.

"As marcas probablemente víronse un pouco xustas de tempo e non lanzaron todos os vehículos e mentres non se lancen o usuario non pode levar a cabo a solicitude", explica Martín Méndez, delegado de Pontevedra da Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos.

Porque as axudas son para os coches que cumpren cos tres Es.

"Eléctrico aplica a coches 100 por 100 eléctricos ou híbridos enchufables de grande autonomía. Económico é polo importe do coche, vale. Daríanche a máxima contía de axuda se o coche custa 35.000 euros máis IVE. E europeo daríanche a máxima subvención se o coche se ensambla en Europa e a batería ensámblase en Europa tamén", engade Pedro.

O Auto+ estará en vigor ata finais de 2030 e presenta diferenzas co anterior sobre todo porque xa non é obrigatorio desfacerse dun antigo. Os clientes piden iso si que se axilice o cobro das axudas. Sobre un 30 % das concedidas en Galicia aínda están sen aboar.

"Falamos de ano e medio, dous anos e en algunhas comunidades, mesmo ata tres anos sen poder recibir á axuda", conclúe Martín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade