Publicador de contidos

Publicador de contidos

O parque móbil de Galicia está cada vez máis avellentado: os coches teñen de media 16,7 anos

O parque móbil de Galicia está cada vez máis avellentado: os coches teñen de media 16,7 anos

É a terceira comunidade autómoma co parque máis avellentado, só por detrás de Ceuta, Melilla e Castela e León

A antigüidade dos vehículos galegos de máis de 15 anos supera en 9 puntos a media do conxunto do estado, un 48,5 %

Ourense é a cidade galega cos coches máis vellos Ourense é a cidade galega cos coches máis vellos
G24.gal 07/08/2026 14:51

O parque móbil de Galicia é cada vez máis vello, e a idade media dos turismos está preto xa dos 17 anos. É a terceira comunidade autómoma co parque máis avellentado, só por detrás de Ceuta, Melilla e Castela e León. 

A media do parque móbil de Galicia roza xa os 17 anos, 16,7. Só a superan no avellentamento dos coches Ceuta, Melilla e Castela e León. E a cidade de Ourense é a cidade galega cos coches máis vellos. 

A antigüidade dos vehículos galegos de máis de 15 anos supera en 9 puntos a media do conxunto do estado, un 48,5 %. Son datos do último informe anual elaborado pola a Asociación Española de Fabricantes de Automóviles e Camións. Pero ademais tamén hai coches xa clásicos. Son os de máis de 30 anos. 

Precisamente a falta dun axeitado mantemento fai que no verán aumenten os arranxos mecánicos nos talleres. 

Entre os motivos para non cambiar de coches dinnos que está a dúbida sobre que tipo de motor mercar, e tamén aseguran os condutores que é porque seguen funcionando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade