Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta augúralle ao CIFP Ferrolterra un papel importante na preparación de man de obra para MG

A Xunta augúralle ao CIFP Ferrolterra un papel importante na preparación de man de obra para MG

O grupo automobilístico chinés enviou unha representación á celebración do 50 aniversario do centro, referente na formación especializada en automoción en Galicia

A comarca de Ferrol foi "unha boa elección", aseguraron

SAIC, empresa propietaria de marcas como MG, elixiu Ferrolterra para instalar a que será a súa primeira planta europea de coches híbridos e eléctricos

Rueda cualifica a aposta de SAIC por Ferrolterra de "logro colectivo"

G24.gal 16/06/2026 21:05 Última actualización 16/06/2026 21:29

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, augurou que o CIFP Ferrolterra xogará un rol determinante na formación de man de obra cualificada para a futura fábrica de coches eléctricos de MG, propiedade do xigante chinés da automoción SAIC.

Así o expuxo en Ferrol este martes con motivo do acto polo 50 aniversario do CIFP Ferrolterra, onde sinalou que a Formación Profesional tamén terá un papel importante para a industria auxiliar que rodeará ao futuro polo automobilístico en Ferrolterra. Román Rodríguez reivindicou a "revolución silenciosa" da FP para deixar de ser unha alternativa secundaria e converterse nunha primeira opción de éxito.

Precisamente, o prazo de inscrición en FP para o curso 2026-27 está aberto ata o 30 de xuño. Ofrece unha marca histórica de máis de 50.000 prazas en toda Galicia. Igualmente, o conselleiro enxalzou a estreita colaboración do tecido produtivo mediante a modalidade de Dual, que permite conectar directamente o talento coas necesidades reais das firmas.

O centro integrado de formacion profesional Ferrolterra é o centro público de referencia na formación espcializada en automoción en Galicia. Os seus plans de estudo espertaron o interese da compañía asiática SAIC fai tres meses. Este martes a empresa chinesa enviou unha representación á celebración do 50 aniversario do centro.

"Unha boa elección"

​​​​Alí agradeceron a "enerxética" acollida ao seu proxecto, que estará vinculado á marca MG e cuxo investimento roldará os 200 millóns de euros.

Ao termo do evento e nunha breve intervención a preguntas dos medios, a comitiva asiática, formada por Han Dan e Yin Yunfei, aludiu a unha "boa elección" ao apostar pola comarca ferrolá para desenvolver a súa iniciativa.

SAIC Motor, empresa propietaria de marcas como MG, elixiu Ferrolterra para instalar a que será a súa primeira planta europea de coches híbridos e eléctricos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade