Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mar galego afronta novos desafíos e a resposta pasa pola investigación e a innovación

O mar galego afronta novos desafíos e a resposta pasa pola investigación e a innovación

Máis de douscentos especialistas, investigadores e profesionais participaron no Grove na vixésimo oitava edición de ForoAcui

O programa abordou cuestións que afectan directamente ao futuro da actividade marítima galega

A investigación e a innovación buscan ferramentas para anticiparse aos cambios e garantir o futuro dos recursos mariños e da acuicultura galega

 

 

G24.gal 04/10/2026 17:42

O mar galego afronta novos desafíos e a resposta pasa, cada vez máis pola investigación e a innovación. Son ferramentas para reforzar a competitividade e a sustentabilidade do complexo mar-industria en Galicia.

Máis de douscentos especialistas, investigadores e profesionais participaron no Grove na vixésimo oitava edición de ForoAcui. Durante dous días, o programa abordou cuestións que afectan directamente ao futuro da actividade marítima galega: desde a pesca de baixura e o marisqueo ata a acuicultura e a sustentabilidade.

Un dos relatores foi Antonio Figueras. Impartiu a conferencia «As rías galegas como laboratorio ambiental: o que nos está dicindo o mar», centrada na observación dos cambios ambientais nos ecosistemas mariños.

Os expertos analizaron, entre outras cuestións, a procura de novas localizacións para o cultivo do mexillón e a incorporación de novas especies e técnicas para adaptar a produción ás condicións ambientais que están cambiando.

Un dos focos estivo no cambio climático e nos avances tecnolóxicos sobre a súa incidencia na pesca, o marisqueo e a acuicultura.

A intelixencia artificial e a monitorización continua dos cultivos poden permitir unha análise máis precisa dos datos e axudar a tomar decisións para lograr unha produción máis eficiente e de máis calidade.

Foron dous días de debate que deixan unha idea de fondo: nun sector condicionado polo cambio ambiental, a investigación e a innovación buscan converterse en ferramentas para anticiparse aos cambios e garantir o futuro dos recursos mariños e da acuicultura galega.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade