Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reanúdase a circulación de trens entre O Carballiño e O Irixo tras un corte por un incendio

Reanúdase a circulación de trens entre O Carballiño e O Irixo tras un corte por un incendio

Víronse afectados os trens de media distancia entre Ourense e Santiago 

Arquivo Arquivo
G24.gal 05/10/2026 17:55

O tráfico ferroviario entre O Carballiño e O Irixo estivo cortado esta tarde durante máis de trinta minutos a causa dun incendio forestal situado nas proximidades da vía.

Renfe informou nunha mensaxe en X ás 17:23 horas que a circulación estaba suspendida e que se estaban vendo afectados os trens de media distancia que conectan Ourense con Santiago de Compostela.

Nunha mensaxe posterior, ás 17:55, a compañía ferroviaria informou que os trens xa circulan con normalidade, e que foron os bombeiros os que pediron que se cortase o tráfico ferroviario para traballar na extinción do lume, localizado nas inmediacións da infraestrutura.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade