Publicador de contidos

Publicador de contidos

BorgWarner abre en Nigrán un centro de investigación para os vehículos eléctricos

BorgWarner abre en Nigrán un centro de investigación para os vehículos eléctricos

O presidente da Xunta agarda que o Consello de Ministros autorice este ano o proxecto de SAIC en Ferrol

G24.gal 17/09/2026 15:16

A multinacional estadounidense BorgWarner acaba de inaugurar no parque empresarial de Porto do Molle, en Nigrán, un novo centro de investigación para deseñar solucións enerxéticas para os coches eléctricos. As instalacións ocupan 5.000 metros cadrados, empregan a 180 persoas e nelas investíronse 20 millóns de euros, 5 millóns aportados pola Xunta.

O denominado Spain Technical Centre de BorgWarner púxose en marcha a principios de xullo, aínda que este mércores se celebrou a inauguración oficial, coa presenza de autoridades como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Estas instalacións súmanse ao centro tecnolóxico e fábrica de compoñentes para o automóbil que a empresa xa ten en Vigo con mil empregados.

Durante o acto, o vicepresidente de BorgWarner, Carlos Castaño, explicou que está o Spain Technical Centre está chamado a ser converter nun espazo para impulsar novas tecnoloxías "con proxección internacional". Castaño tamén remarcou que este investimento significa "unha afirme aposta por Galicia e pola mobilidade sostible".

Para Alfonso Rueda este proxecto é un recoñecemento á experiencia e calidade da automoción galega no seu conxunto e destaca o papel que terá este centro para captar talento investigador.

"Se facemos as cousas con sentidiño, sen medor, con rigor, pero sen deixar de pasar oportunidades, moitísimas persoas que se forman en Galicia e doutros lugares poderán traballar aquí", dixo.

O presidente da Xunta tamén augura que Galicia vai ter nos próximos anos "moi boas noticias en materia indsutrial". Preguntado sobre como avanzan os trámites para a instalación da multinacional do motor chinesa en Ferrolterra, Rueda cre que antes de que remate este ano o Goberno central aprobará ese investimento estranxeiro, procedemento necesario para poder empezar a construir as naves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade