Publicador de contidos

Publicador de contidos

O congreso de Conxemar aborda en Vigo os novos desafíos do sector mar-industria

O congreso de Conxemar aborda en Vigo os novos desafíos do sector mar-industria

As empresas do sector facturan 20.000 millóns de euros e dan emprego a 30.000 persoas

G24.gal 05/10/2026 15:04

A poucas horas de que comece no IFEVI Conxemar, a maior feira de Galicia, celebran en Vigo o Congreso previo do sector, con cada vez máis presenza internacional.

 "Temos problemas loxísticos, xeopolíticos... Pero este é un sector resiliente que factura 20.000 millóns de euros e dá emprego directo a 30.000 persoas. As empresas asociadas a Conxemar aglutinan máis do 60 % desas cifras", declarou Eloy Alvariza, o presidente de Conxemar 

O congreso de Conxemar céntrase este ano na dixitalización, o emprego da intelixencia artificial para garantir a rastrexabilidade, e especialmente en todos os requisitos de sostibilidade e polo tanto de futuro. Buscan acordar unha regulación de consenso que permita un acceso xusto aos recursos.

 "A frota galega é unha das que toma moi en serio todas as medidas de sostibilidade. Foi un esforzo enorme de modernización o que se fixo e agora o que precisamos é que dea uns resultados que permitan que o sector siga sendo atractivo para as novas xeracións, para as mulleres...", dixo Miguel Bernal, secretario executivo da Comisión Xeral de Pesca para o Mediterráneo da FAO

Para seguir achegando valor á economía e á sociedade. No congreso os responsables de Conxemar volveron pedir á Administración unha ampliación do IFEVI que dea resposta á importancia e tamaño do tecido mar-industria en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade