Lugo ten a ratio de coches por habitante máis alta das urbes galegas
En cinco anos Lugo aumentou o seu parque automobilístico en máis de 900 vehículos, achegándose aos 54.000
O número de coches tamén aumenta en localidades coma Portomarín, Guntín ou As Nogais
En cinco anos Lugo aumentou o seu parque automobilístico en máis de 900 vehículos. Achegándose aos 54.000. O dato sorprende nunha sociedade cada vez máis concienciada co medioambiente.
"Eu sempre vou andando", di unha muller; unha moza comenta: "Eu ao centro veño en bus".
A ratio de coches por habitante é a máis alta das urbes galegas.
"Aqui chove moito e imos no coche ata a porta", di un home; unha muller comenta: "Non sei por que, aquí as distancias son sempre as mesmas".
Circulan máis coches, máis motos e máis autobuses, un 17 por cento máis.
"En Lugo medrou a poboación, así que teñen que aumentar os coches", asegura un home.
O número de vehículos aumenta en Lugo, pero tamen noutras localidades da provincia como Portomarín, Guntín ou As Nogais.