A vindeira semana chega a Ferrol un buque con vehículos de Saic
A empresa avanza no seu proxecto de instalar en Galicia a súa primeira fábrica de Europa
Alfonso Rudda di que a súa chegada consolida a comundiade como un territorio atractivo para investir
O porto exterior de Ferrol recibirá os vehículos da empresa chinesa Saic. A multinacional da automoción avanza así no seu proxecto de instalar en Galicia a primeira fábrica de Europa.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que elixiu a nosa comunidade "pola solvencia técnica, pola solvencia industrial e pola estabiliade e as garantías que damos".
Nun video nas súas redes sociais, Rueda di que a chegada da multinacional chinesa atraerá novas oportunidades de investimento a Galicia.
"Vai traer moita riqueza e emprego. 200 millóns de investiment e máis de 2.300 postos de traballo nunha primeira fase. Vai abrir oportunidades para o futuro, en especial para Ferrol e as Pontes, pero para toda Galicia. E vai consolidar a nosa terra como un territorio moi atractivo para investir. Imos ser sede na UE dunha empresa que é líder mundial na automoción".
O goberno galego pon en valor os múltiples encontros mantidos nos últimos meses coa empresa, entre eles a viaxe de traballo do presidente Rueda a China.