Publicador de contidos

Publicador de contidos

España pide á UE financiamento de emerxencia pola crise migratoria en Ceuta

España pide á UE financiamento de emerxencia pola crise migratoria en Ceuta

A solicitude inclúe fondos para reforzar as fronteiras e a capacidade de acollida 

G24.gal 24/08/2026 19:36

O Goberno de España solicitou formalmente á Comisión Europea financiamento de emerxencia para facer fronte a crise migratoria en Ceuta, tras a entrada masiva a finais de xullo de máis de 80.000 migrantes procedentes de Marrocos. 

Segundo o portavoz comunitario, a Comisión mantivo un contacto estreito con España antes de recibir a petición e agora realizará unha avaliación para tomar unha decisión con celeridade. 

A solicitude inclúe medidas para reforzar a protección das frontiras e as infraestructuras de seguridade, así como para aumentar a capacidade de acollida, especialmente para os menores migrantes non acompañados. 

A axuda tramitaríase a través do mecanismo de asistencia de emerxencia EMAS, integrado no Fondo de Asilo, Migración e Integración da UE. Este sitema permite unha perfinanciación de ata o 80% dos fondos solicitados, que posteriormente srerían reembolsados por Bruxelas. 

España xa recorreu a este mecanaismo durante episodios anirores de presión migratoria, especialmente en Canarias. En 2024, a UE concedeu 20 millóns de euros para reforzar a atención humanitaria nas illas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade