Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno admite que nas rúas de Ceuta quedan moitos máis migrantes dos que caben nos centros habilitados

O Goberno admite que nas rúas de Ceuta quedan moitos máis migrantes dos que caben nos centros habilitados

Elma Saiz negou que os centros abertos nos últimos días se demorasen de xeito intencionado á espera de que os migrantes volvesen a Marrocos pola súa conta

O PP asegura son preto de 10.000 e que o Executivo non toma a crise en serio

G24.gal 24/08/2026 14:43

A ministra de Migracións negou hoxe que os dous centros de atención humanitaria abertos en Ceuta nos últimos días se demorasen máis de tres semanas de xeito intencionado por parte do Goberno á espera de que os migrantes volvesen a Marrocos pola súa conta.

Con todo, Elma Saiz admite que a día de hoxe seguen polas rúas de Ceuta máis migrantes dos que acollen eses dous centros de acollida temporal.

O Partido Popular, pola súa banda, acusa o Executivo de non tomar en serio o que define como unha emerxencia nacional e pide axilizar a repatriación dos migrantes.

Os populares aseguran que a cantidade de migrantes sen teito e en condicións insalubres multiplica por cinco a dos centros habilitados polo Goberno.

Sen corroborar nin desmentir esa cifra, o Goberno asegura que o risco sanitario está controlado, polo menos dentro dos centros de migrantes.

Pero o PP cre que o Goberno leva un mes sen informar como debería. 

E di que non haberá nomalidade en Ceuta ata que se complete a repatriación de todos os migrantes que entraron na cidade autónoma, tal e como prometeran os ministros de Interior e Exteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade