Os concellos aumentan a presión para obrigar a limpar as leiras ante o risco de incendios
Cambados e Carral acumulan preto de 2.000 avisos a propietarios para que rocen as parcelas próximas a vivendas e estradas
A limpeza das parcelas próximas a vivendas e vías é obrigtoria para reducir o risco de incendios, pero moitos propietarios continúan sen cumprir. Ante esta situación, varios concellos galegos están aumentando estes días a presión e enviando novos avisos para que se realicen os traballos.
En Cambados, na provincia de Pontevedra, o Concello, en colaboración coa empresa pública Seaga, xa enviou máis de 800 advertencias de sanción por falta de desbroce. En Carral (A Coruña), as notificacións superan o milleiro.
Precisamente neste municipio, unha parcela situada no núcleo urbano, rodeada de viedas, acumulas silvas, fieitos e xestas de gran altura. O Concello enviou desde o ano pasado 1.164 avisos para reclamar a limpeza das fincas.
Nos casos máis gravesm Carral esta a dar aos propietarios 15 días para actuar. Se non o fan nin comunican que teñen dificultades, o Concello poderá executar a limpeza de forma subsidiaria e reclamarlles o custo, ademais de impoñr multas de entre 300 e 600 euros.
A normativa de prevención de incendios establece a obriga de mante limpas as faixas de protección e os terreos situados ata 50 metros arredor de núcleos de poboación e vivendas. O incumprimento pode derivar en sancións que, nos casos máis graves, poden chegar a un millón de euros.