Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estudo da USC alerta de que o exceso de frutosa pode favorecer a calcificación das arterias

Un estudo da USC alerta de que o exceso de frutosa pode favorecer a calcificación das arterias

A investigación do CIMUS sinala que o consumo elevado e continuado deste azucre debilita mecanismos naturais que protexen as paredes dos vasos sanguíneos 

G24.gal 24/08/2026 17:26

Unha investigación do CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sinala que o consumo elevado e continuado de frutosa pode debilitar os mecanismos naturais das arterias para evitar que o calcio se deposite nas súas paredes. 

O estudo, publicado na revista científica Molecular Medicine, foi realizado polo grupo de Homeostase Metabólica e Calcificación Vascular do CIMUS e do IDIS e estivo dirixido polo investigador Ricardo Villa-Bellosta. 

Os investigadores comprobaron que unha exposición prolongada a cantidades elevadas de frutosa pode afectar o funcionamento das mitocondrias do fígado e reducir os niveis de ATP e pirofosfato, unha molécula que axuda a impedir a formación de cristais de calcio e fosfato nas paredes dos vasos sanguíneos. 

O traballo observou que, ante esta redución, o tecido vascular se calcificaba con maior facilidade en condicións de laboratorio. 

Os autores aclaran que o estudo non demostra que comer froita provoque calcificación arterial. A froita enteira contén fibra, auga e vitaminas e os seus azucres absórbense de forma máis gradual. A exposición estudada estaría máis relacionada cun consumo elevado e frecuente de frutosa libre, presente en bebidas azucradas e dertminados produtos ultraporcesados. 

Segundo os investigadores, estes resultados engaden unha nova vía aos efectos cardiovasculares xa relacionados co exceso de frutosa, como a resistencia á insulina, a inflamación ou o estrés oxidativo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos