O CIMUS, recoñecido como Centro de Excelencia Investigadora María de Maetzu
É o segundo de Galicia en recibir esta consideración do Ministerio de Ciencia e Innovación
Valorouse a calidade das súas publicacións científicas e os avances que achega no campo da biomedicina molecular
Hoxe no CIMUS son xa 350 empregos ligados a 40 grupos de investigación, en catro áreas: cáncer, neuroloxía, cardiovascular e obesidade metabolismo
"Son 14 anos crecendo,en que moitos galegos que estaban no estranxeiro facendo investigación viñeron e foron establecéndose aquí, e temos xa un bo balance entre veteranos e novos talentos", dixo Mabel Loza, a directora científica do CIMUS
"Esto é un recoñecemento á excelencia dunha traxectoria científica sostida", engadiu Eva Ortega, a secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia
Unha traxectoria orientada a conseguir novos medicamentos para que esa investigación molecular repercuta canto antes no benestar dos doentes.
"Estamos publicando nas mellores revistas do mundo, creamos máiss de 38 patentes e de aquí naceron 14 spin off para levar estes avances ata os doentes", detallou Mabel Loza, a directora científica do CIMUS
O recoñecemento leva aparalleda unha axuda económica para favorecer a aplicación clínica dos descubrimentos e contratar máis investigadores.