Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cociña do HULA, recoñecida polo desperdicio alimentario cero

A cociña do HULA, recoñecida polo desperdicio alimentario cero

Trátase do único hospital público de todo o estado que consegue un certificado por reciclar e non tirar a comida

G24.gal 04/10/2026 11:48

"É un traballo de todos, dende a dirección ata o persoal implicado na cociña. Separar e reciclar os refugallos e non tirar nada de comida ao lixo é unha filosofía de traballo que nos levou moito tempo implantar, con moita formación, concienciación e implicación."

 José Antonio Pereira é o xefe de cociña do HULA, o centro hospitalario que acaba de ser recoñecido cun certificado AENOR por ter cero desperdicios alimentarios, un logro que fai deste hospital o único público en España con esta certificación.

"Todos os días ás seis e media da mañá xestionamos o número de persoas que hai ingresadas e o número de menús que hai que elaborar. Imos ao xusto. Se, por exemplo, sobran dous ou tres menús non se tiran, xa que despois haberá alguén que entre por Urxencias, ou o que sexa, e xa se destinan para aí. Non tiramos nada, tamén evitamos que caduque a mercadoría". engade José Antonio.

No centro están moi concienciados coa selección e reciclaxe do lixo. Cando as bandexas volven dos cuartos dos pacientes, o persoal selecciona o plástico e o papel, cada un no seu colector respectivo. Despois, o orgánico vai por unha cinta ata unha trituradora, Ao saír pasa a outro colector diferente que se destina ao compost.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade