Publicador de contidos

Publicador de contidos

Drons e inspeccións oculares: o traballo de campo do CSI dos incendios forestais

Drons e inspeccións oculares: o traballo de campo do CSI dos incendios forestais

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta (UIFO) constituíuse en 2021 para indagar nas causas dos lumes

Rastrexan a orixe das lapas seguindo o rastro que deixa o lume en rochas, vexetación e ata nos caracois

G24.gal 26/09/2026 14:19

Os axentes da UIFO traballan nunha zona que ardeu ás poucas horas de iniciarse o grande incendio de Calvos de Randín, a menos dun quilómetro do foco principal. Tratan de determinar se foi provocado por algunha faísca ou pola man do home.

Alberto Tomé, axente coordinador da UIFO: "Imos lendo todos os vestixios que vai deixando o lume tanto en vexetación como en pedras, caracois, latas... e comprobar, chegados ao punto de inicio, se hai algún artefacto, no caso dos intencionados, ou algún metal, no caso dos accidentais".

A investigación iníciase de inmediato para aproveitar calquera aportación dos veciños da zona.

"O servizo de intelixencia dos montes son os paisanos. Calquera detalle que nos dan é moi útil para contrastar a información que sacamos do monte", asegura Tomé.

A unidade de investigación de incendios está integrada por quince axentes que levan desde 2021 exercendo este labor co apoio das novas tecnoloxías, desde drons a cámaras de vixilancia.

"A Xunta de Galicia ten videovixilado o 90 por cento do monte. É útil para nós, para ver o lugar e a hora de inicio. E tamén na extinción, para ver a evolución do lume", explica o axente da UIFO.

Simultaneamente, desenvolven un labor de vixilancia tamén con ánimo de disuadir posibles incendiarios.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade