Cargando resultados...
Ferido un traballador ao caer desde unha altura de 8 metros nun estaleiro de Vigo
O operario foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro
O accidente laboral foi no estaleiro de Freire. Cedida. Europa Press
G24.gal
24/08/2026 17:36
Un traballador de 59 anos resultou ferido este luns en Vigo tras sufrir unha caída desde uns 8 metros de altura cando estaba a traballar nun estaleiro da Avenida de Beiramar.
Segundo informaron fontes do 112 Galicia e do 061, na chamada que recibiron o alertante informaba dun traballador ferido tras precipitarse desde un barco no estaleiro Freire. Os servizos de Emerxencias informaron a Urxencias Sanitarias-061, que trasladou ao estaleiro unha UVI móbil.
Tras atender o operario no lugar do sinistro, trasladárono na ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.