Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificados dous menores que destrozaron a pedradas unha pantalla led en Betanzos

Identificados dous menores que destrozaron a pedradas unha pantalla led en Betanzos

Os rapaces foron gravados no sistema de cámaras de seguridade do parque

G24.gal 24/08/2026 17:45

A Policía Local de Betanzos identifica dous menores que supostamente destrozaron a pedradas unha pantalla led no parque de Cabildos, na zona histórica da localidade.

Os menores foron localizados pola Policía Local despois de ser alertados dos feitos por unha veciña.

Ademais, tamén foron gravados no sistema de cámaras de seguridade do parque.

A pantalla, que xa sufrira outro acto de vandalismo hai uns meses, foi instalada recentemente xunto ao sistema de taquillas intelixentes, dentro do proxecto de construción do parque de Cabildos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade