Publicador de contidos

Publicador de contidos

Botellas, cristais e feces na piscina de Vila de Cruces

Botellas, cristais e feces na piscina de Vila de Cruces

O concello pechou a piscina por motivos de seguridade e saúde pública

Un grupo de persoas entrou na piscina a noite da verbena

Deixaron botellas, cristais rotos e feces na auga

 

G24.gal 10/08/2026 15:28

A piscina municipal de Vila de Cruces está pechada por actos vandálicos. Atopáronse vasos, botellas e cristais no céspede. Incluso feces na auga. Aquí son as festas da Piedade. 

"Ao terminar a festa metéronse na piscina, e claro, xa o no pasado houbo problemas e tivo que vir a ambulancia, e claro, rompe cristais e todo, hai que mirar todo", di un veciño que vive canda a piscina.

O peche é por motivos de seguridade e saúde pública, ata novo aviso. Na contorna inda atopamos restos da última esmorga da fin de semana. 

"Paréceme moi mal porque fastidian aos que temos nenos", quéixase unha veciña.

Estas instalacións, ademais, acaban de ser remodeladas. "Son uns desvergoñados, estaba acabada de facer, preciosa, non sei a que vén iso". "Sempre hai vándalos, a alguén se lle dá por meter os narices onde non debe, sempre haberá". "Se se bañasen de noite por facer o chiste, vale, pero isto paréceme mal", comentan varias persoas.

Aínda queda outra noite de verbena aquí en Vila de Cruces. Mentres tanto, o Concello lamenta que este tipo de comportamentos prexudique toda a veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade