Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vandalizan os aseos e mobiliario do parque de Torrado en Cambados uns días despois da súa inauguración

Vandalizan os aseos e mobiliario do parque de Torrado en Cambados uns días despois da súa inauguración

Van pechar temporalmente os aseos e estudan instalar cámaras de videovixilancia para evitar os continuos actos vandálicos que padecen na vila

Desde o concello fan un chamamento ao civismo e insisten no prexuízo económico que o vandalismo lles causa ás arcas municipais

Descoñecidos rebentaron a porta dun dos aseos ademais de causa outros estragos no parque
G24.gal 12/11/2026 14:04

O parque de Torrado, en pleno centro de Cambados, foi obxecto dunha remodelación que supuxo un investimento duns 900.000 euros. O Concello inaugurou a obra a semana pasada. Uns días despois xa foi obxecto de actos vandálicos: rebentaron a porta dun aseo, o falso teito, un plafón, arrincaron un banco e rebentaron a porta do pombal.

O alcalde de Cambados, Samuel Lago, amosouse incrédulo con estes comportamentos que prexudican toda a cidadanía porque atentan contra bens públicos, de todos. Explica que van pechar temporalmente os aseos e estudan instalar cámaras de videovixilancia para evitar os continuos actos vandálicos que padecen na vila.

Co peche dos aseos, os veciños van quedar temporalmente sen un servizo público moi necesario na zona. Están indignados e non entenden o comportamento incívico de quen estraga bens públicos.

Desde o Concello fan un chamamento ao civismo e insisten no prexuízo económico que o vandalismo lles causa ás arcas municipais.

Unha vez avaliados os danos, o concello presentará denuncia para intentar dar cos autores dos estragos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade