Publicador de contidos

Publicador de contidos

Collido na allada un ladrón mentres asaltaba unha tenda en Vilalba

Collido na allada un ladrón mentres asaltaba unha tenda en Vilalba

A Garda Civil detívoo cando estaba a roubar no interior dun histórico establecemento da vila, de onde levou cartos e boletos de lotería

O asaltante rompeu o cristal do escaparate, aínda sen repoñer
Félix Aragunde. Imaxe: Giorgio Pereira. 12/11/2026 13:27

A histórica tenda Casa Anduriña, fundada a mediados do século XX no centro de Vilalba, foi asaltada de madrugada. O ladrón rompeu o cristal do escaparate para acceder ao interior do establecemento, onde se fixo cun botín consistente nuns 300 euros en metálico e participacións de lotería. Unha vez alertada a Garda Civil, os axentes colleron na allada o presunto asaltante cando aínda estaba dentro do local.

Os estragos feitos durante o asalto aínda non foron avaliados. Así e todo, estímase que a súa contía supera o valor do subtraído. 

O detido, un veciño da propia capital chairega, xa foi posto a disposición xudicial. Investígase tamén se puido ser o autor dos danos que sufriu, a escasos metros e na mesma noite, un negocio de máquinas expendedoras.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade