Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha familia de Meis denuncia que lles cortaron 17 cepas dunha viña

Unha familia de Meis denuncia que lles cortaron 17 cepas dunha viña

Aseguran que peor que os prexuízos económicos é a carraxe de sufrir un acto deste tipo

A Garda Civil xa inspeccionou a plantación e investiga o suceso

G24.gal 23/07/2026 13:18

O pai de Silvia Fandiño foi o primeiro en atopar as cepas cortadas polo pé. Estaban xa cheas de uvas e a carraxe superouno. Sucedeu nunha viña que ten no concello de Meis.

"Encontrouse que había cinco cepas cortadas xa coa rabia marchou. Despois, o meu irmán viu 15 cepas cortadas. Ao día seguinte chamamos á Garda Civil, viñeron e comprobamos que eran 17", explica a propietaria da viña. 

Estiman que neste momento as perdas das 17 cepas cortadas poden ascender a uns 2.000 euros.

Silvia insiste que "non é só o valor económico, senon a impotencia que che crea non saber que é o que pasa. Nós non lle facemos dano a ninguén. Fastidian o traballo de anos, son cepas que estaban en pleno auxe, cheas de uvas". 

Non saben quen está detrás do ataque, pero xa presentaron denuncia na Garda Civil. Din que sobre todo queren que non se repitan este tipo de actos.

"A denuncia está posta, viñeron aquí  e fixeron as fotos, o rexistro. Investigarán xa que por aquí hai cámaras cerca que tamén verán", destaca Fandiño.

Silvia xa pensa en plantar de novo as vides e confía en que dean cos culpables dos feitos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade