Unha muller de Lugo failles a vida imposible aos veciños
A muller ten unha actitude agresiva, ameázaos, insúltaos e no último enfrontamento mesmo golpea un dos veciños
Todo o teñen gravado, e presentaron denuncia nos xulgados logo de facelo tamén na comisaría
No último enfontamento da muller cos seus veciños de Lugo encárase con eles e mesmo agride un home golpeándoo na cabeza co seu móbil. Foi cando saíu á rúa tirar o lixo.
"Vou ao portal e empézame a pegar patadas, a darme puñadas, rómpeume a camisa e sacoume as uñas", di o veciño que foi agredido.
Denuncian os veciños que os insultos e ameazas son diarios, hai quen lle ofrecen axuda, pero a muller sempre responde desafiante.
"Intimídate con gravarte co móbil, non che deixa pasar", conta unha veciña, outra comenta: "Veu cara a min e case me pasa co carro por enriba
Os problemas de convivencia fan que algúns veciños estean pensando en mudarse. Algúns están a tratamento por ansiedade.
"Eu teño netos e non lles podo deixar saír á terraza porque os insulta e teñen medo", di unha veciña.
Seis veciños xa denunciaron os feitos na comisaría e esta mañá pediron no xulgado unha orde de afastamento.
"Queremos que isto acabe, que a internen se está mal, queremos estar tranquilos", di un veciño.
A mala relación remóntase a hai cinco anos, estiveron tranquilos unha temporada que a moza foi vivir a outro lado, pero este ano volveu para coidar a nai e volveron os problemas.