Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marisol Soengas, doutora honoris causa pola UDC

Marisol Soengas, doutora honoris causa pola UDC

É unha autoridade mundial na investigación do cancro de pel 

Recibe o máximo recoñecemento da universidade onde iniciou a sua vida académica

G24.gal 22/07/2026 15:06 Última actualización 22/07/2026 15:47

A bióloga molecular Marisol Soengas acaba de ser investida doutora honoris causa pola Universidade da Coruña. Desde a súa Agolada natal aos máis prestixiosos laboratorios dos Estados Unidos, a traxectoria de Marisol Soengas, que con este recoñecemento enxalza a Universidade da Coruña, estivo ligada á investigación do melanoma.

Doutorada no Severo Ochoa baixo a dirección de Margarita Salas, di que seu maior orgullo é ter propiciado algúns tratamentos que xa chegan aos pacientes. 

"Hai unha frase marabillosa do neno Balbino, de Neira Vilas, que di que nós vimos ao mundo unha alforxa de preguntas. Eu creo que o que nos distungue como cientificos son as preguntas que escollemos e como as imos renovando", comentou emocionada durante do discurso.

En 2008 Marisol Soengas regresa a España e ponse á fronte do Grupo de Melanoma do CNIO, o Centro Nacional de Investigación Oncolóxica. Ten no seu haber importantes premios internacionais e unha longa carreira na defensa dos investimentos en investigación. 

"Non podo máis ca insistir en subliñar o valor da ciencia e como a ciencia cambia as perspectivas de vida. Eu estou aquí e estou ben grazas a tratamentos dirixidos o que investigou moita xente", subliñou. 

No mesmo acto, a Universidade da Coruña investiu tamén doutor honoris causa o anestesiólogo afroamericano Emery Brown, pola súa contribución á seguridade e a apertura de novas vías para o estudo de trastornos neurolóxicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade