Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tradición manda na Romaría da Madalena: coller auga na fonte para curar as verrugas

A tradición manda na Romaría da Madalena: coller auga na fonte para curar as verrugas

En San Martiño, na parroquia de Santa Eufemia de Celanova, viven hoxe unha xornada na que, como é tradición nas romarías, mesturan a devoción coa gastronomía e a festa

G24.gal 22/07/2026 14:44

Dende primeira hora van chegando os peregrinos á igrexa da Madalena, moitos a pé. Hoxe erguéronse cedo e veñen dende Celanova, dende Quintela, dende as aldeas de arredor para, din, acompañar a Virxe no seu día.

Pero nesta Romaría da Madalena hai unha parada obrigada para todos antes de chegar á misa. É a fonte ao pé do camiño a apenas uns metros da igrexa. As súas augas son quen, aseguran, de curar as verrugas: "Din que é moi avogosa das verrugas""Nesta fonte eu laveille unha verruga que tiña un dos meus fillos que tiña na rodilla. Será casualidade, será o que sexa, pero a verruga fóiselle."

O ritual é ben coñecido, sen importar a idade. E mesmo hai quen asegura beber estas augas durante todo o ano.

Con veciños chegados das aldeas de boa parte da parroquia, a festa serve tamén para reencontrarse cos amigos. A xornada festiva prolongarase durante toda a xornada á sombra da carballeira, sempre, din, que a calor o permita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade