Galicia enviará medios de extinción de incendios a Castela e León
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que se mandará apoio a esa comunidade para traballar na loita contra os lumes "sempre garantindo a plena operatividade en Galicia"
Nun acto en Cee, Alfonso Rueda explicou que Castela e León ten zonas con situacións "moi complicadas" polos incendios forestais.
Engadiu que por ser unha comunidade limítrofe con Galicia, é de especial interese que teña "a maior eficacia na extinción dos lumes".
O xefe do operativo contraincendios da comunidade pediu este xoves axuda a Galicia, do mesmo xeito que Castela e León axudou "noutros momentos".
O presidente da Xunta Alfonso Rueda advertiu que non se pode "baixar a garda" e que agora mesmo é a tempada de alto risco, polo que esa derivación de medios farase "sempre garantindo a plena operatividade en Galicia".