Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova lei galega contra os incendios endurecerá a limpeza de faixas e permitirá o desaloxo inmediato

A nova lei galega contra os incendios endurecerá a limpeza de faixas e permitirá o desaloxo inmediato

A Xunta mudará a loita contra os incendios para facela máis acaída aos riscos de cada zona

Ata o de agora o modelo de prevención era "homoxéneo" para toda a comunidade, explicou Alfonso Rueda, e a nova norma buscará adaptala ás caracerísticas de cada lugar

Arquivo (Europa Press)
G24.gal 21/09/2026 13:49 Última actualización 21/09/2026 14:54

O Consello da Xunta aprobou este luns o Anteproxecto de lei contra os incendios forestais. A nova norma, que marcará as políticas de prevención e extinción de Galicia, buscará, segundo dixo Alfonso Rueda, "reforzar a prevención da poboación e a xestión integral do territorio", con medidas como endurecer a limpeza de faixas secundarias, que se converterá nunha "obriga legal directa" dos propietarios, e permitir algunhas ordes verbais de desaloxo inmediato, sen esperar os trámites administrativos.

A principal novidade, explicou o presidente da Xunta, "é pasar dun modelo de prevención homoxéneo" para todo o país, a un novo que aposte por "medidas diferentes en función dos niveis de risco" de cada zona ou das características do terreo.

A futura lei ten tres obxectivos: priorizar a protección da poboación, mellorar a capacidade de resposta, e reforzar a prevención.

Isto implica, segundo a responsable de Medio Rural, María José Gómez, que a lei terá unha visión máis estratéxica que unifica a política forestal e a de incendios. Isto concretarase, por exemplo, na determinación de zonas de "interface urbana forestal", como aquelas partes do territorio urbano colindante con terreos agrícolas ou forestais. É nestas áreas nas que a xestión e limpeza "deixará de ser subsidaria para converterse nunha obriga legal directa.

Ademais, introdúcese a posibilidade de duplicar as distancias destas faixas de protección, actualmente de 50 metros, en zonas consideradas estratéxicas tanto nas redes primarias de infraestruturas, como nas secundarias de núcleos e edificacións.

Tamén se establecerá a regulación da "actuación preventiva inmediata", de xeito que os axentes da autoridade poderán dar ordes verbais de execución inmediata, como o desaloxo de áreas recreativas ou o peche de camiños ante un perigo inminente, sen esperar a trámites administrativos.

O texto será presentado este martes ante o Consello Forestal, para continuar así co procedemento para a súa aprobación definitiva, co obxectivo de que estea en vigor en 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar