Cargando resultados...
Polo menos un ferido nun accidente entre dous coches no centro de Vigo
O incidente provocou un gran atasco na zona de Urzaiz, no centro da cidade
Europa Press
G24.gal
22/09/2026 17:24
Polo menos unha persoa resultou ferida na tarde deste martes tras rexistrarse un accidente entre dous coches á altura do Farol da rúa Urzaiz de Vigo.
Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron ao redor das 16.45 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencias.
Esta persoa solicitaba axuda para polo menos un ferido nunha colisión en Vigo. Por iso, deuse aviso a Urxencias Sanitarias 061-Galicia e á Policía Local de Vigo.
Testemuñas presenciais indicaron a Europa Press que o incidente provocou un gran atasco na zona, xusto no centro da cidade olívica.