Cargando resultados...
Achado o corpo sen vida dun desaparecido en Oleiros
O home apareceu aboiando no mar
G24.gal
21/09/2026 10:34
O 112 Galicia confirma a localización do cadáver dun home aboiando no mar en Oleiros. Un particular alertou na medianoite deste domingo aos servizos de emerxencia ao comprobar que a vítima, sexaxenaria, non regresara á casa tras desprazarase á zona de Serantes, preto do faro de Mera.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e a Emerxencias de Oleiros.
Este luns, Salvamento Marítimo atopou o corpo desta persoa aboiando no mar.