Morre un ancián e outros 13 quedan feridos ao incendiarse unha residencia en Barcelona
O sinistro afectou a 78 persoas, case todas por inhalación de fume
O lume foi xa sufocado
Arquivo/Europa Press
Unha persoa morreu e outras trece tiveron que ser hospitalizadas tras declararse un incendio nunha residencia de catro alturas situada na localidade barcelonesa de L'Ametlla del Vallès.
O lume comezou no primeiro andar e afectou a 78 persoas. Como medida preventiva, desaloxáronse todos os internos da planta sinistrada e tamén da segunda. No momento do incendio había na residencia 80 usuarios e seis traballadores.
Trece persoas hospitalizadas e outras 64 afectadas de carácter leve
Eran as 22:30 da noite cando os bombeiros recibían a primeira chamada de alerta. O incendio obrigou a mobilizar 16 vehículos dos bombeiros de Cataluña.
A maioría de residentes foron evacuados da 1.ª e da 2.ª planta e trasladados a unha zona segura e libre de fumes situada na planta baixa da mesma residencia. Outros, quedaron confinados nos seus cuartos.
Activats 9 🚒per un incendi a la 1a planta, d'una residència de 4 plantes, a l'Ametlla del Vallès (avís 22.33h).
— Bombers (@bomberscat) September 22, 2026
El foc ja està APAGAT i es treballa per acabar d'extingir punts calents i ventilar, ja que la 2a planta també ha quedat afectada per fum. #bomberscat https://t.co/WYmlwAqlCl
Como consecuencia do incendio, 78 persoas víronse afectadas. Trece delas foron trasladados a diferentes centros hospitalarios e outras 64 tiveron que ser atendidas por lesións leves.
O lume xa foi extinguido e os bombeiros traballan agora para acabar de apagar puntos quentes e ventilar, posto que a o segundo andar quedou moi afectado por fume.