Cargando resultados...
Unha moza queda ferida ao caer ao río por un desnivel pronunciado en Carnota
Non había risco de afogamento porque o caudal ía moi baixo pero tivo que ser rescatada polos bombeiros
Un momento do rescate. BOMBEIROS DE CEE
G24.gal
20/09/2026 09:22
Última actualización 20/09/2026 09:56
Os Bombeiros de Cee rescataron este domingo unha moza que caera ao río Pedrafigueira por un desnivel pronunciado, na parroquia de Santa Comba, no concello de Carnota.
Segundo informa o 112, a rapaza foi trasladada en ambulancia ao hospital de referencia con varias contusións tras recibir atención sanitaria no lugar dos feitos.
O accidente produciuse ás 7:30 horas á altura do número 19 da rúa de San Gregorio. Malia escorregar ata o río, non había risco de afogamento porque o caudal ía moi baixo. Porén, a moza quedou lesionada.