Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina unha casa en Mondariz

Un incendio calcina unha casa en Mondariz

A rápida intervención dos bombeiros evitou que as lapas se propagasen a outra vivenda lindante

G24.gal 17/09/2026 08:39

Un incendio calcinou unha casa esta madrugada en Mondariz. Os servizos de emerxencia recibiron a alerta contra as 1:15 horas, tras recibir a chamada dun veciño.

Ata o lugar acudiron os bombeiros de Ponteareas e O Porriño. A rápida intervención dos efectivos evitou que o lume se propagase a outra casa lindeira.

De momento descoñécense as causas que provocaron o incendio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade