Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren 16 persoas nun incendio nunha residencia de anciáns en Chile

Morren 16 persoas nun incendio nunha residencia de anciáns en Chile

As lapas orixináronse de madrugada e expandéronse rapidamente 

O recinto estaba a ser investigado desde hai polo menos sete anos e xa fora multado tras corrobarse unha serie de infraccións

G24.gal 12/09/2026 17:21

Un total de 16 persoas perderon a vida debido a un incendio ocorrido a pasada noite nunha residencia de anciáns no sur de Chile, informaron este sábado as autoridades.

O sinistro afectou o establecemento de longa estancia O Edén, situado na rexión da Araucanía.

As lapas iniciáronse durante a noite e o lume expandiuse rapidamente. Os 26 ocupantes do inmoble tiveron dificultades para evacualo debido a problemas de mobilidade.

"Faleceron 16 persoas, cuxos corpos foron calcinados produto das chamas, logrando nese momento rescatarse a outros 10 adultos que estaban no interior por unha traballadora do centro", sinalou o fiscal Jorge Granada, que asumiu a investigación do caso.

Os equipos de emerxencia aínda traballan no lugar do suceso para identificar as persoas falecidas e determinar as circunstancias que produciron a traxedia.

Neste contexto, o delegado presidencial da Araucanía, Francisco Ljubetic, sinalou que o recinto estaba a ser investigado desde hai polo menos sete anos e que fora multado tras corrobarse unha serie de infraccións. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade