Cargando resultados...
Evacuada unha persoa por inhalación de fume tras un incendio en Ourense
O lume produciuse ao arder unha campá extractora
Arquivo
G24.gal
02/11/2026 08:54
Trasladan unha persoa por inhalación de fume tras declararse un incendio nunha cociña en Ourense. Ocorreu nunha vivenda situada na Avenida de Zamora contra as 04:20 da madrugada. O 112 recibiu un aviso despois de que os afectados explicasen que ardeu a campá extractora do domicilio. O lume afectou os mobles da cociña. A intensa fumareda obrigou a ventilar a vivenda e evacuar ao hospital unha persoa por inhalación de fume.