Arden dous coches ás portas da residencia de maiores da Eiriña, en Pontevedra
Os coches eran de dous familiares que estaban de visita: "en cuestión de minutos, quedaron nos ferros"
O incendio empezou no maleteiro dun dos coches e as lapas saltaron ao que estaba aparcado ao lado
Aparcou case na porta para pasar a tarde coa nai, pero a visita pegou un xiro co que non contaba.
"Deixei o coche ás catro da tarde e entrei para estar coa miña nai. Cando estabamos paseando por dentro, ás cinco e media, avisoume o recepcionista de que estaba ardendo e saín para fóra e xa non puiden facer nada", conta aínda en shock o principal afectado.
"Empezou a arder polo maleteiro e dese xa saltou para o gris", confirma unha residente.
Empezou nun coche e deseguido prendeu no que estaba máis próximo, tamén do familiar dun residente. Sorte que parou alí porque pola hora puido ser bastante peor.
"Porque estaba aparcado un coche novo pero o dono ao ver saír ao outro correndo, puido sacalo senón tamén marchaba. E o da miña nora, que tamén estaba pegado, sacouno a policía", explica outro home que vive en Eiriña.
Foron momentos de confusión, dentro da residencia..
"Collín algo de nervos porque nunca vira arder un coche e foi de repente. Había moito lume, moito fume, os cristais saltaban, explotaban, ..."
"Foi nun segundo e empezaron a estourar as iantas, e a cuberta. Foi complicado".
E tamén fóra, entre os veciños máis próximos, que cruzaron os dedos ante a virulencia das lapas.
"Eran dous vehículos ardendo, con gomas e todo o que leva un coche, ... unha fumareda terrible, un cheiro a goma horroroso e con moito medo porque pegado hai un centro de transformación de Fenosa e, aínda que está ben illado, non deixa de ser un perigo a explosión de dous vehículos de gasolina pegados", explica unha veciña.
Por sorte, o lume non lle afectou ao transformador, pero dos coches non se aproveitan nin os ferros.
"Todo por completo. En cuestión de dez minutos arderon os dous coches. Foi unha loucura", recoñece o propietario dun deles.
"Ao ser de combustión, de gasolina, ao arder todo o que tiñan para arder, fóronse consumindo sós", comenta a muller que vive ao lado.
Non saben que puido pasar, á espera do informe da Policía Científica, pero non hai indicios de intencionalidade. Pensan nun fallo no que puideron influír as altas
