Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha muller de 76 anos desaparecida en Toén

Buscan unha muller de 76 anos desaparecida en Toén

A muller, que padece demencia, falta da casa desde este domingo

G24.gal 14/09/2026 15:38 Última actualización 14/09/2026 16:02

Un amplo dispositivo busca unha muller de 76 anos, chamada Dolores, desaparecida desde o pasado domingo no municipio ourensán de Toén.

Segundo informa Protección Civil de Barbadás, as tarefas de busca céntranse entre a zona Moreiras (Toén), lugar do que desapareceu, e Santo Benito de Cova de Lobo (Barbadás).

A muller, que padece demencia, ten pelo negro e coleta. Non hai rexistro da vestimenta que levaba durante a súa desaparición. Piden avisar ao 112 en caso de ter información.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade