Cargando resultados...
Unha avaría deixa sen auga varias zonas de Marín
O corte prolóngase xa máis de 14 horas
Agárdase que nas próximas horas poida ser arranxada a avaría e se restableza o servizo
G24.gal
14/09/2026 14:31
Os técnicos da brigada municipal de auga traballan dende primeira hora deste luns para restablecer a subministración canto antes.
A orixe do problema está na rotura dunha tubaxe de abastecemento de auga que discorre por esta estrada PO-313.
Sucedeu na noite do domingo e a avaría afecta a tres núcleos de poboación do concello de Marín: San Xulián, Marco e Arealonga. Neles, algunhas vivendas quedaron sen auga e outras sofren problemas de presión.
Agárdase que nas próximas horas poida ser arranxada a avaría e se restableza o servizo.