Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias parroquias de Láncara quedan sen luz nin auga durante todo un día

Varias parroquias de Láncara quedan sen luz nin auga durante todo un día

A apagada coincidiu coas festas patronais, polo que os afectados tiveron que recorrer a xeradores

Lámpada acesa nunha casa de turismo rural que quedou sen luz no medio dunha voda
Félix Aragunde. Imaxe: Javier Peleteiro. 07/09/2026 13:52

A caída dunha árbore provocada por unha tormenta deixou sen luz varias parroquias de Láncara durante 22 horas. O corte, que tamén afectou á auga da traída, coincidiu coas festas patronais no núcleo máis afectado, polo que a veciñanza tivo que botar man de xeradores. E nunha casa de turismo rural, mesmo desluciu unha voda. 

"Entón, primeiro houbo que buscarlles lanternas e candeas. E despois, e raíz de irse a luz, ao pouco tempo tamén se foi a auga, porque aquí as bombas municipais funcionan con electricidade. Así que quedamos sen luz e sen auga", quéixase Marta López Álvarez, dona da Casa Grande de Láncara. 

"Houbo unha tormenta espectacular. Parecía o inferno. Parecía que ía acabar o mundo. E quedamos sen electricidade esta parroquia e as de arredor. Horas máis tarde, baleiráronse os depósitos de auga, ao non haber electricidade, e quedamos tamén se auga, polo que estivemos un pouco amargados na festa", láiase o gandeiro Óscar Rodríguez. 

Dende o primeiro momento, os usuarios estiveron a chamar a compañía eléctrica para dar aviso do corte. Unha vez restablecido o servizo, os negocios afectados anunciaron que van reclamar polas perdas e os gastos ocasionados. 

"Vou reclamar os gastos que me supuxo este corte de luz. Tiven que alugar un xerador, gastar o gasóleo para outro xerador nun tractor, para a gandería, e claro que penso reclamar por eses gastos", sinala Óscar. 

"Fálase moito de emprender e dinamizar o rural, e de ter a actividade económica no rural, pero para iso é necesario que os servizos respondan, e non é así", conclúe Marta. 

A caída de árbores tamén chegou a deixar cortada a estrada entre Láncara e Baralla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade