Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vende unha casa de aldea por 2 euros

Vende unha casa de aldea por 2 euros

O dono quere desfacerse dunha propiedade que só lle ocasiona gastos e preocupacións

A casa, nunha aldea de Cartelle, está en ruínas

Por un euro máis, inclúe unha parcela

G24.gal 14/09/2026 14:24

Chamábanlle a casa do Zar e foi, hai décadas, un taller de costura.

"A casa serve para arranxar se teñen cartos. E teñen que mirar se o Concello dá permiso", explica o dono, José Nieves.

Hoxe só quedan ruínas e unha silveira que lle dá máis traballo que ganancias.

"Quíxenlla doar á vila e non quixeron. O Concello, tampouco, que tiña que ir ao notario e facer unha doazón, e eu non estou disposto a pagarlle a un notario por isto".

Para liberarse desta carga, sacouna á venda por un prezo simbólico de dous euros. A cousa empezouse a animar cando un rapaz da aldea colgou o anuncio nas redes sociais.

"Tiven moitísimas chamadas. Uns de Tenerife ata tiñan o billete comprado, pero eu desanimeinos porque isto non dá nin para o billete de avión".

José aínda vai máis alá. Por un euro máis, ofrece estoutra propiedade, da que só quedan as pedras, onde naceron os seus dez tíos maternos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos