Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Outono Gastronómico promove o turismo rural ata o Nadal

O Outono Gastronómico promove o turismo rural ata o Nadal

Participan máis de setenta establecementos que ofrecen menús por 40 euros e aloxamento a prezos especiais

G24.gal 19/09/2026 21:06 Última actualización 19/09/2026 21:56

Xusto cando faltan apenas uns días para despedir o verán comeza o Outono Gastronómico, promovido por Turismo de Galicia, que busca potenciar os establecementos de turismo rural nesta época.

A iniciativa, que comezou desenvolverse hai xa vinte anos, ten no aspecto culinario o seu punto forte. Porén, para completar a experiencia ofrece a posibilidade de pasar a fin de semana para gozar tamén do entorno. 

O programa, que só se ofrece nas fins de semana, inclúe varias modalidades. Un menú sae por 40 euros e a estancia con cea e almorzo 175 euros para dúas persoas.

Tamén hai posibilidade de pasar unha fin de semana familiar, por 375 euros e completalo con máis experiencias. Hai 71 establecementos adheridos a este particular outono, do que se pode gozar ata o 20 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade