Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apatrigal lamenta que algúns comerciantes de Santiago ofrezan cadeados aos turistas

Apatrigal lamenta que algúns comerciantes de Santiago ofrezan cadeados aos turistas

Alertan contra os danos que poden causar os que algúns deixan nas reixas da zona histórica

G24.gal 23/07/2026 14:49

A asociación en defensa do patrimonio galego alerta contra dos danos que poden causar os cadeados que algúns turistas deixan nas reixas da zona histórica de Santiago. O costume fora a menos, pero volven verse desde que algunhas tendas de recordos os ofrecen aos turistas.

 "É unha consecuencia do turismo de masas e un acto fetichista. Nós recibimos a foto dun establecemento de Compostela que incita a mercar cadeados e poñelos no patrimonio. E que os ofreza alguén de Santiago é o que máis riba nos dá", declarou Carlos Henrique Fernández Coto, o Presidente de Apatrigal

Xa foron retirados dos bancos de Sargadelos da alameda, porque estragaban o metal e a imaxe da cidade. En Apatrigal din que é un acto que constitúe unha falta de respecto ao patrimonio de todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade