A intoxicación con productos de limpeza é das principais causas de accidentes no fogar
Compostos como a lixivia ou o amoniaco que poden chegar a ser perigosos se non se manipulan correctamente
Moitas veces non somos conscientes da cantidade de tóxicos que acumulamos nos fogares, espcecialmente entre os productos de limpeza. Compostos como a lixivia ou o amoniaco que poden chegar a ser perigosos se non se manipulan correctamente.
"Se antes da Segunda Guerra Mundial estabamos rodeados duns 3.000 compostos máis ou menos, agora estamos rodeados de decenas de miles de compostos químicos." Explica o catedrático de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo
As intoxicacións con productos de limpeza son unha das principais causas de accidentes domésticos.
"A lixivia é tóxica, de feito emprégase para unha limpeza en profundidade e unha desinfección moi alta. É un producto bastante común que ten un ph moi alto e eso produce abrasións." Di Feijoo
Por iso é moi importante ser consciente de como debemos almacenar e manipular con seguridade estes productos.
"Hai que poñelos sempre nun sitio seco. Que non estean ao alcance de calquera persoa e logo separar nos estante en funcións dos que poden ser abrasivos por contacto coa pel ou os que teñen risco por inxestión."
A boa nova é que existen cada vez máis alternativas de productos de limpeza libres destas substancias preocupantes e que son igual de efectivos.Para atopalos nas tendas temos que buscar a etiqueta ecolabel, un selo abalado pola Comunidade Europea que garante ue os productos que a levan terán un menor impacto negativo para a nosa saúde e para o medio natural.
