Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas métense na auga para limpar os ríos de 50 concellos galegos

Centos de persoas métense na auga para limpar os ríos de 50 concellos galegos

A iniciativa, posta en marcha por Adega hai 18 anos, promoveu a retirada de toneladas de lixo dos leitos

Tamén ten como obxectivo concienciar sobre a importancia de coidar os cursos fluviais

 

G24.gal 04/10/2026 18:17 Última actualización 04/10/2026 19:36

Era o día de mollarse polos ríos, de pórse mans á obra para retirar canto máis lixo mellor das beiras e da auga.

"O obxetivo principal é visibilizar o estado de sucidade evitable dos ríos, porque como estades a ver son latas de refresco, papeis de caramelos, bolsas de patacas..., un lixo totalmente evitable", explica Patricia Reboreda, a responsable da Área de Conservación da Natureza do Concello de Ames.

Ademais de no rego do Ameneiral, houbo ata medio cento de concellos de toda a comunidade en que se fixeron de limpezas simultáneas.

O proxecto Móllate polos ríos naceu da man de Adega hai case vinde anos e contribuíu a retirar toneladas de lixo de todo tipo que nunca debeu acabar na auga.

"Dende vehículos, rodas, butacas, colchóns... un lixo moi difícil e o que faciamos era marcar os puntos e logo había que ir cunha pluma ou algo así", di Patricia Reboreda.

Unha actividade que busca concienciar a sociedade da importancia de coidar os nosos ríos e que está aberta a toda a familia.

"Que aprendan a coidar a contorna e que cando se tira algo alguén o tén que recoller, porque senón queda aí e contamina".

"Pois que deixen de tirar as cousas porque ao final o río é de todos e todos temos que coidalo, dá gusto telo limpo".

Cos datos recadados polos equipos de voluntariado, os responsables do proxecto elaboran cada ano un informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar