Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home morre ao chocar coa súa furgoneta contra un turismo en Curtis

Un home morre ao chocar coa súa furgoneta contra un turismo en Curtis

No sinistro tamén se viu implicado un camión

Os condutores dos outros dous vehículos resultaron ilesos

G24.gal 24/08/2026 19:13 Última actualización 24/08/2026 19:43

Un home perdeu a vida na tarde deste luns ao chocar a súa furgoneta contra un vehículo en Curtis.

No sinistro tamén se viu implicado un camión pero tanto o seu condutor coma o do turismo resultaron ilesos.

O accidente ocorreu arredor das catro a tarde na estrada N-634. 

Despois do impacto, a vítima non conseguiu saír do coche e tivo que ser liberado polo GES de Curtis.

Minutos despois faleceu sen que os equipo sanitario puidesen facer nada pola súa vida.

Ata o lugar desprazáranse un helicóptero medicalizado con base en Santiago, os bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade