Cargando resultados...
Quedan feridos unha parella e o seu bebé nun accidente múltiple en Ribeira
Tres vehículos estiveron implicados na colisión
G24.gal
23/08/2026 19:20
Ao fío da unha e media deste mediodía, un particular informaba ao 112 Galicia dun choque por alcance entre tres vehículos ao seu paso por Ribeira, concretamente, na Avenida de Ferrol, á altura do número 43.
Os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos da Agrupación do Servizo de Emerxencias Municipal (GAEM), dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Policía Local.
Os ocupantes dun vehículo implicado, un home e unha muller, máis o seu bebé, foron trasladados ao centro hospitalario de referencia por presentar feridas tras o accidente.