Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan o condutor dunha furgoneta tras chocar cun camión en Melide

Evacúan o condutor dunha furgoneta tras chocar cun camión en Melide

O accidente tivo lugar a primeira hora da mañá na N-547, á altura do Barreiro

Os bombeiros liberaron o condutor da furgoneta, que foi trasladado ao CHUS

G24.gal 07/10/2026 12:51

O accidente producíase poucos minutos despois das nove da mañá, cando un camión de mercadorías e unha furgoneta bateron frontalmente. Polo forte do impacto, os bombeiros tiveron que liberar o condutor da furgoneta que quedara atrapado. Os traballos foron bastante complicados, porque varias partes do vehículo estaban esmagadas.

O condutor foi evacuado nunha UVI móbil ao Hospital Clínico de Santiago. 

Por mor do choque, foi necesario cortar o tráfico nos dous sentidos na N-547 á altura do concello coruñés de Melide. Alí traballaron xunto cos sanitarios, bombeiros de Arzúa, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil e persoal de mantemento da vía.

A Garda Civil está investigando as causas do accidente, pero varios veciños apuntan a un exceso de velocidade por parte da furgoneta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar