Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un motorista en Dozón nun accidente contra un tractor

Morre un motorista en Dozón nun accidente contra un tractor

O 112 mobilizou o helicóptero pero a vítima faleceu no lugar

A Garda Civil investiga como se produciu o accidente

 

Foto cedida polos Bombeiros do Deza Foto cedida polos Bombeiros do Deza
G24.gal 10/10/2026 18:23 Última actualización 10/10/2026 19:11

O accidente ocorreu pouco antes das catro e media da tarde na N-525, ao seu paso pola parroquia de Bidueiros, no concello de Dozón, á altura do quilómetro 274.

O motorista, de 52 anos e veciño de Caldas de Reis, circulaba en dirección a Ourense cando, por razóns que se descoñecen, alcanzou o tractor, que circulaba na mesma dirección e bateu contra el. 

Desde o 112 mobilizouse o helicóptero medicalizado pero a vítima, que saíu despedida a causa do impacto, faleceu no lugar do sinistro. 

Tamén mobilizaron os Bombeiros do Deza, o GES de Lalín e a Garda Civil de Tráfico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade