O tremor de Panamá derruba negocios e casas da comunidade galega no país
Case o 70%, unhas 3.000 persoas, proceden do concello de Boborás
O sismo, de 7,7 graos de magnitude, rexistrou centos de réplicas
O concello de Boborás está a vivir con especial preocupación o tremor de 7,7 graos que sacudiu o centro-sur de Panamá este venres. Das 4.500 persoas de orixe galega que residen no país, 3.000 proceden deste municipio ourensán.
Segundo informa a súa alcaldesa, Patricia Torres, non constan persoas feridas nin vítimas mortais pero si importantes danos en infraestuturas e propiedades da veciñanza, entre elas establecementos hoteleiros e moblerías.
Ademais, a rexedora asegura que o sismo xerou unha gran preocupación entre a comunidade emigrante pola cantidade de réplicas que se están a rexistrar, máis dun cento. Moitas destas persoas manteñen vínculos estreitos con Galicia, onde pasan longas tempadas.
O terremoto produciuse a 14 quilómetros ao suroeste de Pitaloza Arriba, ao oeste de Tonosí, cun hipocentro situado a 10 quilómetros de profundidade. Por mor da súa magnitude, emitiuse unha alerta por tsunami que xa está desactivada.
Danos provocados en Penonome. REUTERS/Enea Lebrun