Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitos accidentes de tráfico son consecuencia de non ter ben a vista

Moitos accidentes de tráfico son consecuencia de non ter ben a vista

É a mensaxe dos ópticos e optometristas de Galicia no Día Mundial da Visión, que se conmemora hoxe

G24.gal 08/10/2026 14:59

Nuns postos informativos explican que coa velocidade se reduce a visión periférica.

"Calquera cousa que non vexamos desde o noso campo visual, un coche, un animal ou unha persoa, pode provocar un accidente con consecuencias graves", dixo Esther Amaro, a presidenta do Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas de Galicia.

E hai outros problemas como a miopía nocturna ou a presbicia que poden afectar a condución. Tamén as cataratas, que poden provocar sensación de néboa e maior sensibilidade aos faros ou ao cegamento polo sol.

 "Mentres non me operen debo procurar ter a mellor corrección posible nas miñas lentes ou as miñas lentes", explicou Esther Amaro.

E tamén lembran a importancia de levar unhas boas lentes de sol: deben protexer e o filtro debe ser bo. Un simple cristal escuro fai que a pupila se dilate máis e se non son axeitadas pode entrar máis radiación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade