Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un motorista de 29 anos nun sinistro con cinco vehículos implicados en Barro

Morre un motorista de 29 anos nun sinistro con cinco vehículos implicados en Barro

O sinistro produciuse ás 21:25 horas na estrada PO-550 que une Vilagarcía con Pontevedra

Na tarde deste domingo faleceu outro motorista ao bater contra un coche na cidade de Ourense

G24.gal 04/10/2026 22:39 Última actualización 04/10/2026 23:37

Un motorista, de 29 anos, faleceu este domingo nun accidente ocorrido ás 21:25 horas no concello de Barro. Segundo informa a Garda Civil, no sinistro víronse implicados cinco vehículos.

A vítima, veciña de Pontevedra, circulaba pola PO-550 á altura da parroquia de Curro. Un dos coches virou na intersección e invadiu o carril da moto, que saíu despedida e bateu contra outros dous vehículos máis que circulaban pola mesma estrada.

Das cinco persoas que viaxaban nos coches implicados, dúas quedaron feridas, unha delas é o condutor do coche que inadiu o carril, e que sufriu lesións leves.

Accidente mortal en Ourense 

Esta tarde morreu outro motorista que bateu contra un turismo na cidade de Ourense. Tiña 26 anos e era veciño de Cortegada. O sinistro produciuse ás 17:19 horas na rúa Ponte Sevilla, á altura do IES Ferro Couselo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade